Silvia Capelo Alvarez
“Nacín un 8 de xullo de 1985 en Bienne-Biel (Suiza). Ós 9 anos vinme a vivir a unha aldeiña a 30 kms. de Santiago de Compostela, A Riba (A Baña), onde vivían os meus avós. Cursei os meus estudos primarios en A Baña e despois fun face-lo Bacharelato Artístico a Santiago. Agora son estudante de Belas Artes en Pontevedra e vou no 3º curso.
Dende pequena sempre debuxei e pintei acuarelas pero non comecei a disfrutar das técnicas como o óleo e o acrílico ata chegar a facultade. Tamén sinto pasión pola fotografía e empezo a ter coñecementos de técnicas gráficas, como a estampación, grabados, serigrafía, etc.
Sempre dixen que me ía adicar ó mundo da arte.
Gañei numerosos premios de debuxo na miña infancia, a destacar “El Mágico Mundo Del Tren”, 1º clasificado – de 12 a 14 anos, do Corte Inglés. En Suiza tamén participaba a concursos de debuxo, onde gañei tamén 1º e 3º premios. O verán pasado comecei a dar clases de pintura a nenos pequenos e foi unha experiencia bantante positiva e gustaríame seguir pola dirección do ensino e do deseño gráfico.
A miña temática trata sobre a natureza e a fantasía, trato de fusionar eses dous mundos co corpo humano. Atráenme as texturas, o tacto das superficies que me rodean, que me fan sentir a base dos meus cadros e a súa visualización.
Aparte da arte, tamén me gustan os animais, como os cabalos e os cans, facer deporte, sair cos meus amigos, ir a praia, pero sobre todo gústame moito durmir. Tamén toco o clarinete na Banda Municipal de A Baña (o meu concello), na que levo tocando 10 anos e na que fixemos numerosas viaxes como Río de Janeiro (Brasil), Alemania, Suiza, etc.”
FOTOGRAFÍA ANALÓXICA
Título: Serie de Texturas
Fotografía analóxica en branco e negro
Tamaño 18 x 24 cm.
“ Esta serie de texturas abarcan a natureza que nos rodea, texturas nas que apenas nos fixamos, que pasan desapercibidas e que poden ter unhas formas e detalles tan interesantes que a xente non se para a pensar e a contemplar. A natureza constrúe por si mesma formas biomórficas, onduladas, espirais, etc.
Estas texturas sofren cambios ó longo do tempo debido ós axentes naturais coma a choiva, o frío e a calor, o vento, isto produce continuamente cambios nestas texturas, ata o propio home fai que se modifiquen.
Todas estas fotografías son feitas cunha cámara analóxica, un macro e un trípode para conseguir detalles máis precisos que difícilmente podemos observar co noso ollo.”
1 comentario:
felicidades polo teu traballo, noraboa por que saia xente de A BAña con futuro artístico
Publicar un comentario