LIDIA COSTA FERNÁNDEZ
Lidia Costa naceu en Vigo en 1986. Estudia Belas Artes en Pontevedra. Amantedas artes e dos idiomas, traballou en diferntes cousas: dende guía turísticade fala inglesa en Vigo e Baiona, participación nunha Performance en Inglésrealizada na inauguración da exposición A Mostra Invisible no Museo de ArteContemporánea de Vigo ata pertencer ó grupo de teatro musical independente“Maiante” ou a participación como figurante na película “Catalina” dodirector de cine Mario Iglesias.
Introduciuse no mundo da arte xa dende a súa infancia.Sempre mostrou interéspola forza das cores na natureza e dos pequenos detalles que para elachegaban como unha mostra que a levarían a ter determinados sentimentos.Esessentimentos pasarían a ser plasmados no papel.Pero nunca se conformou socoas artes plásticas senon que tamén mostraba interese polo que puideratransmitir a través do seu propio corpo e face,mediante o teatro e aexpresión corporal e diferentes formas de interpretación diante e detrás dacámara.Sempre lle gustou facer moitas cousas e de campos moi diferentes, poriso está en constante evolución. A súa obra nunca é igual,vai cambiando amedida que vai crecendo, por iso non se pode dicir que teña un estilo único.
Descríbese como unha persoa tranquila aínda que moi esixente consigo mesma.Sempre hai algo que non lle permite estar conforme de todo,pero os cambios emovementos son os que lle fan ter novas perspectivas e iso é o que lle faimedrar. Ten moitas pasións e soños na vida,(voar, o coñecemento dediferentes idiomas,o mundo do diseño de moda ,a danza, o teatro,..,osescenarios exóticos,místicos,o bucólico,…)pero é consciente de que arealidade non pon as cousas fáciles e a pintura axúdalle a trasladarse amundos irreais.
Ata o ano 2001 asistiu ó taller de pintura do artista Fernando Artal.
Algúns cambios na vida fixeronlle ver as cousas de outra maneira e dar asíun xiro na súa obra artística. Comezou así ó redor do ano 2002 a admirar aobra de Wasily Kandinsky.
Do 2002 ó 2004 estudiou o Bacharelato Artístico en Vigo.
No 2004 comezou a estudiar Belas Artes en Pontevedra, e os seus traballosanteriores ó 2007 son na súa maioría figurativos e de carácter social.
No ano 2005 participou na Exposición colectiva ” Desdebuxos” que tivo lugarna Facultade de Belas Artes.
De Xuño a Setembro do 2006 traballou de guía no MARCO e ó estar tan encontacto con obras de artistas da actualidade foi para ela algo beneficiosopois fixo que se dera conta da situación da arte actual e con iso comezar aplantexarse moitas cousas.Actualmente ten como referencia obras de Kurt Schwitters,Yves Tanguy,Boccioni, Francis Picabia,… pero escoller este camiño na vida conleva avivir a miúdo rodeado de dúbidas,de un futuro incerto,e dedesacougos,…pero por moitos obstáculos que se presenten non se rendirá, aarte é o seu alimento, e sen ese alimento non vive.
No hay comentarios:
Publicar un comentario