domingo, 25 de febrero de 2007

Óscar Cobos - Grupo de danza GS21 muestra audiovisual en LA TANDA - 3 de marzo de 2007


¿Qué é?
“Galicia Século 21” é unha compañía de baile e música de Galicia que comeza a funcionar en abril de 2005 logo de que un grupo de músicos e bailadores, moitos deles relacionados ca música e o baile tradicional, expresasen as súas inquedanzas e soños chegando a un punto común sobre o que construír unha nova compañía na que a música e o baile de raíz galega fose levada a súa máxima expresión. A idea insignia deste proxecto é o convencemento de que a música e o baile son atemporais, é dicir, é pasado, presente e futuro.


“Galicia século 21” GS21 quere mostrar un anovado punto de vista sobre o que é a música e o baile de raíz en Galicia, que pasa por empregar os infinitos recursos, tanto danzados como musicais, propios da tradición galega, mostrándoos dun xeito diferente na que a tradición e a imaxinación danse a man co único fin de provocar unha sensación no espectador.


¿Quén somos?
GS21 está composto por unha trintena de profesionais da danza e a música de raíz galega cunha ampla traxectoria profesional a nivel individual como bailadores, músicos ou vocalistas, e cunha experiencia que en ningún caso é inferior ós quince anos. Así mesmo moitos destes compoñentes posúen un completísimo currículo como docentes en escolas, asociacións e compañías non só en Galicia ou a nivel estatal, tamén a nivel internacional. Unha característica que fai de GS21 unha particularidade en si mesma como compañía é que os seus compoñentes proceden, tanto de diferentes puntos da xeografía galega (A Coruña, Lugo, Sanxenxo, Moaña, Ribeira, Vigo, Pontevedra, Santiago...) como de outros puntos de España como son Palma de Mallorca ou Estremadura.


Isolma
Isolma é o nome do primeiro espectáculo de GS21. Isolma é unha historia de amor entre dúas persoas que, de principio a fin do espectáculo van rompendo as barreiras que os separan empregando como únicas armas a música e o baile co obxectivo máximo de fundirse nun abrazo.


Isolma está composto por catorce números de baile e música nos que se xoga non só con elementos propios da tradición musical e danzada de Galicia, senón que se empregan outras formas de expresión musical e danzada tales como tangos ou músicas de clara connotación centroeuropeas para levarnos por unha viaxe de experimentación dende a danza tradicional ata a os recursos da danza contemporánea.


¿A qué tipo de público vai dirixido?

Isolma é un espectáculo para tódolos públicos. O seu único fin é entreter. Isolma está pensado para todas aquelas persoas que desexen pasar un rato agradable. GS21 pretende co seu espectáculo Isolma chegar a todo o mundo. Isolma está ideado para que calquera poda gozar da música e da danza se ter que ser un experto ou mesmo un profesional. O noso obxectivo é entreter cun espectáculo de calidade, divertir divertíndonos facendo o que mellor sabemos facer.


GS21 e o seu espectáculo Isolma son un produto feito en Galicia , con elementos propios da tradición galega, e por galegos; co espírito de conquistar os corazóns dos de aquí, pero tamén dos de alí. Unha produción dunha hora e cuarto que fala no idioma que todos entendemos, o das emocións. Unha produción, Isolma, que espertará os sentidos de aqueles que o disfruten más alá da súa lingua ou nacionalidade.


Isolma estreouse o día 30 de Xuño de 2006 no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.


Para máis información está dispoñible a dirección web
http://www.gs21.es

No hay comentarios: